1h 26m • 2024 • Documental


Salvaxe, salvaxe
'Cheiras iso?' A cámara penétrase nos montes galego-portugueses, rastrexando imaxes e ausencias do lobo ibérico. Este ensaio fílmico atravesa unha historia relacional cargada de sometemento e exterminio e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes-simulacro do natural salvaxe. Xorde un antidocumental de natureza: lobos que miran a cámara aterrorizados e humanos que aúllan. Todas as criaturas deixamos rastros neste baile coidadoso de rastrexadores rastrexados.
Vaia, non sabemos onde podes vela.
opcións