Logo
A Paixón de María Soliña background

A Paixón de María Soliña

1h 2m • 2012 • Drama

Longametraxe de corte histórico que describe o nacemento, a estrutura organizativa e a función do tribunal da Inquisición Española a través do proceso contra María Soliña en Galicia a principios do século XVII. Cóntase a crónica dos feitos facendo fincapé nas motivacións históricas e sociais que houbo detrás das acusacións de bruxería daqueles tempos. María Soliña é unha das personaxes lehendarias da cultura galega que mellor define a loita contra a adversidade e a represión do poder. A súa historia resume á perfección a persecución á que se viron sometidas moitas mulleres, non só en Galicia senón tamén en toda Europa, acusadas de bruxería e xulgadas polo Tribunal da Inquisición. María Soliña converteuse nunha icona da cultura galega, a súa historia foi transmitida de xeito oral para ser tratada ao longo de todos estes anos por numerosos artistas e historiadores até convertela nunha nova Xoana de Arco.

Vaia, non sabemos onde podes vela.