Departamento
Interpretación
Interpretación
Ribadavia, Ourense
1943
2018 (75 anos)
Ernesto Chao Pino. Se ben foi moi coñecido polo seu papel como Miro Pereira, que interpretou durante máis dunha década na comedia da TVG Pratos combinados, Ernesto Chao foi un actor cunha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro, cunha carreira ininterrompida desde 1969. Foi director do Centro Dramático Galego durante dúas tempadas (1986-87). Protagonizou o telefilme Condenado a vivir, onde interpretaba a Ramón Sampedro, na primeira vez que a súa historia era levada á ficción. Máis tarde, Javier Bardem encarnaría o mesmo papel na oscarizada Mar Adentro de Alejandro Amenábar, onde se deu a coñecer Mabel Rivera, actriz que interpretou á súa muller Balbina en Pratos combinados. Traballou nunha ducia de producións cinematográficas desde 1985, comezando ese mesmo ano a súa carreira televisiva, especialmente ligada á TVG. En TV participou nunha vintena de programas de formatos diversos, colaborando nos últimos anos con pequenos papeis en series de éxito a nivel nacional como Cuéntame cómo pasó ou Aquí no hay quien viva. En 2018 participou na serie Fariña interpretando o papel de Xerardo Fernández Albor como Presidente da Xunta de Galicia. Mantivo a súa propia compañía teatral, Lagarta Lagarta, xunto á súa esposa, a tamén actriz Rosa Álvarez.
7 resultados
12 resultados