Departamento
Dirección
Dirección
Ribadeo
-
-
Nace en Ribadeo (Lugo) no 1999, onde esperta o seu interese pola música, a danza e a interpretación. Fórmase en danza contemporánea, tradicional e urbana en diferentes escolas e estuda o Dobre Grao de Comunicación Audiovisual e Xornalismo en Santiago de Compostela, cidade na que reside desde 2017. En 2021, realiza as prácticas universitarias na produtora santiaguesa Miramemira, onde continúa traballando no departamento de produción en diferentes proxectos. Durante a rodaxe d’O Corno (Jaione Camborda, 2023), comeza a interesarse polo traballo como directora e, movida a contar a súa propia historia, empeza a traballar na súa primeira curtametraxe documental, A mirada delas, na que recupera o arquivo caseiro da súa infancia gravado por súa nai.
1 resultado