1h 10m • 2023 • Romance


Cando toco un animal
A relación entre Mariña e Ada xa non será a mesma cando interveña Tomás, amigo de ambas... Pero esta trama, que podería dar lugar a un melodrama bastante convencional, convértese aquí en algo ben distinto: algo así como unha exploración do desexo. Lonxe de todos os tópicos grazas a unha posta en escena sensorial, centrada no corpo e a pel de actores e actrices. O resultado é un filme altamente innovador, que aborda novas formas de sexualidade cunha mirada que nunca xulga e unha estrutura centrada no paso do tempo, no esplendor da mocidade, sempre ante un futuro incerto.