1h 30m • 2002 • Terror


Trece badaladas
Longametraxe dirixida por Xavier Villaverde baseada na novela de Suso de Toro co mesmo título de Trece badaladas. Celia, escritora compostelá, tenta presentar unha vez máis certo guión a unha produtora de cine, e coñece por fin ao director da mesma, Xacobe. Aínda que inicialmente Celia achégase moi molesta a el, xa que lle custou moito que a recibise, pronto as cousas cambian e iníciase unha estraña relación entre ámbolos dous. Por unha banda Xacobe está pasando algún tipo de grave dificultade que lle ten desesperado, e cre atopar na historia de misterio que lle presenta Celia un certo paralelismo coa situación que lle está tocando vivir. Pola outra banda, Celia, que agardaba atopar a un home de negocios frío e distante, vese atraída por un home sensible e apoucado, que cifra nela as súas últimas esperanzas.