Logo
Reto Astrolabio background

Reto Astrolabio

1h 34m • 2024 • Documental

Un grupo de mariñeiros enrolados para facer unha viaxe única: cruzar o Atlántico usando só instrumentos do século XVII. Para ir facéndose ao mar, a nosa tripulación partirá co barco La Peregrina de Galicia, dende a Illa de Arousa ata á Gomera, que será o punto de partida desta aventura. Alí, con todos os instrumentos modernos de navegación baixo chave (sen sextante e cronómetro), a tripulación de La Peregrina só contará con tres ferramentas para levar a cabo o reto: o astrolabio, a ballestilla e o seu olfacto mariñeiro. O destino: a Deseada, unha pequena illa ao sureste do Caribe, ao outro lado do Atlántico. Mergúllaste con nós nesta aventura chea de emoción e risco? Estás preparado para O Reto Astrolabio?

Vaia! Non hai resultados