1h 28m • 1994 • Drama


A metade da vida
Nunha cidade galega, no final dos oitenta, H. Eire mal soporta a insatisfacción dos amores clandestinos que ten con Amalia, compañeira estábel do seu amigo e colega Pedro. Eire vai cumprir trinta anos e está canso de pelexar para malvivir como músico de “jazz” sen facer concesións alimenticias. Aparecen entón na súa vida Violeta (Isabel Vallejo) e Carlos Bao (Ernesto Chao), tío e sobriña que coñece nunha das reunións que María Días (Mela Casal) acostuma organizar na súa quinta.